jueves, 28 de marzo de 2019

¡Que lonxe estás, amiga!

¡Que lonxe estás, amiga! E eu non vivo
nos eidos da bremanza, tan cautivo.

¡Que lonxe estás, amada! E eu prosigo
nos eidos da bremanza, só, sentigo.

¡Que lonxe estás, rapaza! E eu penando
nos eidos da bremanza…, ¿deica cando?

Fiz Vergara Vilariño: Nos eidos da bremanza (1990)

Versións:

A Quenlla: Miña amiga*; Silencios na memoria; 2004; CD1, Pista 2



*[A versión musical do grupo A Quenlla está seguida do poema Se viñeras a min, muller amiga da obra de Fiz Vergara Vilariño: Nos eidos da bremanza, do ano 1990.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario