Sempre un ¡ai! prañideiro, unha duda,
un deseio, unha angustia, un delor…
É unas veces a estrela que brila,
é outras tantas un raio de sol;
é que as follas dos árbores caen,
é que abrochan nos campos as frols,
i é o vento que zoa;
i é o frío, é a calor…
E n’é o vento, n’é o sol, nin é o frío;
non é…, que é tan só
a alma enferma, poeta e sensibre,
que todo a lastima,
que todo lle doi.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Alfredo González Vilela: Qué ten; Diáspora; 1999; Pista 5
No hay comentarios :
Publicar un comentario