Luz e progreso en todas partes…, pero
as dudas nos corazós,
e bágoas que un non sabe porque corren,
e dores que un non sabe porque son.
Outro cantar, din, cansados
deste estribilo, os que chegando van
nunha nova fornada, e que andan cegos
buscando o que ainda non hai.
¡Réprobos…! Sempre ó oculto preguntando,
que, mudo, nada vos di.
Buscade a fe, que seperdeu na duda,
e deixade de xemir.
Mais eles, tamén perdidos,
por una i outra senda van e vén,
sin que sepan, ¡coitados!, por onde andan,
sin paz, sin rumbo e sin fe.
………………………………………………
Triste é o cantar que cantamos,
mais ¿qué facer si outro mellor non hai?
Moita luz deslumbra os ollos,
causa inquietude o moito desear.
Cando una peste arrebata
homes tras homes, n’hai máis
que enterrar de presa os mortos,
baixa-la frente, e esperar
que pasen as correntes apestadas…
¡Que pasen…, que outras vendrán!
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Amancio Prada: ¿Quen non xime?; Rosalía de Castro; 1975; Cara B, Corte 3
Amancio Prada: ¿Quén non xime?; Rosas a Rosalía; 1997; Pista 16
Amancio Prada: ¿Quén non xime?; Rosalía sempre; 2005; Pista 1
Amancio Prada: ¿Quén non xime?; Resonancias de Rosalía; 2014; Pista 17
(Reedición da versión do disco Rosas a Rosalía, do ano 1997.)
No hay comentarios :
Publicar un comentario