sábado, 22 de agosto de 2026

Vou e veño

Vou e veño aldea adiante
polos vellos camiños,
sobre a ponte,
pola beira do río,
por entre pexegueiros e bacelos,
coma naqueles días
de pínfano e estornela,
tripando o mesmo chan inmemorial,
ollando os montes
que se erguen protectores
ó meu redor.

Vou e veño
oíndo a vella fala,
uliscando recendos
que acenden a memoria,
remoendo lembranzas,
recuando nos días
para que as contas canxen...
E na derradeira
sinto
que o mundo non dá voltas,
que o tempo non é certo,
que todo permanece.
Eternamente.

Xosé Neira Vilas: Dende Gres (2004)

Versións:

Manoele de Felisa: Vou e veño; Cantos de lembranza; 2014; Pista 8

No hay comentarios :

Publicar un comentario