lunes, 2 de noviembre de 2026

Xoguete

O neno probe cabalga
nunha ponla de carballo.

—Arre, cabalo rabisco,
gallopa e rincha voando.

Así vai de veira en veira
suarento, ilusionado.

Ben sabe que é pouca cousa
enredar cunhos follacos.

Na tenda hai xoguetes finos
pero non poden mercarllos.

Por eso anda o neno probe
sobor dun probe ramallo.

Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)

Versións:

Suso Vaamonde: Xoguete; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 5