martes, 11 de septiembre de 2012

Cantiga do neno da tenda

Bos Aires ten unha gaita
sobro do Río da Prata,
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo d´estantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposibel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d'agoa
mentras sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata.
Sauces e cabalos múos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non víu o imenso gaiteiro
coa boca frolida d'alas;
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
víu na tarde amortecida
bermello muro de lama.

Federico García Lorca: Seis poemas galegos (1935)

Versións:
Xoán Rubia: Cantiga do neno da tenda; Xoan Rubia; 1969; Pista 4



Xoán Rubia: Cantiga do neno da tenda; Lembranzas; 1977; Pista 7



Claudina e Alberto Gambino: Cantiga do neno da tenda; Danza na lúa; 1986; Pista 6



Cristina Fernández: Cantiga do neno da tenda; Raigames; 1998; Pista 15



Astarot: Cantiga do neno da tenda; Longa noite de pedra; 2005; Pista 3



Luar na lubre: Cantiga do neno da tenda; Saudade; 2005; Pista 3



Uxía Senlle e Narf: Cantiga do neno da tenda; Baladas da Galicia imaxinaria; 2015; Pista 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario