lunes, 10 de junio de 2013

Díxenlle á rula: Pase miña señora!

Díxenlle á rula: Pase miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.
O meu anxo da garda, coas azas sob o brazo dereito,
na man esquerda a calabaciña da auga,
ollando a rula irse, comentóu:
-Calquera día sin decatarte do que fas
dices: Pase miña señora!
e é a alma tua a quen despides como un ave
nunha mañán de primavera
ou nun serán de outono.

Álvaro Cunqueiro: Herba aquí e acolá (1980)

Versións:
Amancio Prada: Dísenlle á rula: Pase miña señora!; A dama e o cabaleiro; 1987; Pista 10

No hay comentarios :

Publicar un comentario