jueves, 18 de enero de 2018

Noia

                  1
Campanas que tocades
todas do mesmo xeito,
unhas chegádesme á alma
e outras ó pensamento.

¡Pobos donde eu vivín!
Algúns eran máis feitos
e queríanme engañar,
mais eu nunca sentín
neles o meu fogar.

O meu fogar téñoo en ti:
no teu vivir e nas tres pontes
e das campanas os toques,
toques que eran pra min.

Fóra de ti cando as oio,
e sendo o mismo tocar,
recólloas no pensamento,
xa non pasan máis alá.

                  2
¡Ribeiras de mar enxoito!
¡Ribeiras de pleamar!
Quedas, vellas ribeiras,
agardan un mar i outro mar.

                  3
Os seráns nas Rías Baixas
ollan con luz de aurora,
ca súa mirada queda,
silencio daquela hora…

María Mariño: Palabra no tempo (1963)

Versións:
Manoele de Felisa: Noia; De Felisa a María Mariño; 2007; Pista 13

No hay comentarios :

Publicar un comentario