Qué vento veu, Ramón, preso de encono,
preso de noite e sombra e luz que acora;
preso do van da morte que en tí afrora
e vendima longal sucos de outono.
Qué vento así deixou en abandono
patria, luar e mar que tamén chora;
i ó corazón que nunca como agora
soupo, Ramón, que o pranto era o seu dono.
Qué delor, ai, delor, a barlovento
afundiu a túa nao e nun momento
crebou mastros ergueitos á luzada.
E qué olvido, qué olvido a un son escuro
bateu nos cons, bateu, penedo duro
e desterroute a terra amortallada…?
Arcadio López-Casanova: Palabra de honor (1967)
Versións:
Aurora López e Teresa Luján: Responso por Ramón Cabanillas; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 13
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario