sábado, 28 de octubre de 2023

Retiro

                                Aos que están escapando

Lera aquela cita no cine,
ao final dunha película,
e esa era a miña determinación…
Escapar.
Mentir.

¿Mentir?
Mentín toda a vida,
agás na adolescencia.
Daquela non fun feliz
pero alomenos fun honrado… Bebía.

Sempre quixen fuxir.
Deixar aos meus serenos,
seguros da miña inmunidade
contra os males do mundo.
Marchar á aldea
e construir unha cabana co meu pai,
será o último que fagamos xuntos.
El morrerá despois,
e eu non tardarei en seguilo.
Se cadra a miña irmá
ainda sexa quen de contar
como era a nosa familia.
Eu só podo contar,
por que nacín atormentado,
e por que os tormentos
non me deixaron acougo
frente á inxustiza.

Se queredes visitarme,
e ainda existe o meu retiro,
vídeme ver.
Os amigos dos solitarios
sempre son ben recibidos.
E se non podo celebrar
a vida na vosa compaña
unas flores nunha tumba
pode deixalas calquera.
Un poema, unha oración,
con certeza beneficiarán
o meu descanso.

Lino Braxe: A caricia da serpe (1999)

Versións:

A caricia da serpe: Retiro; A caricia da serpe; 2005; Pista 8

No hay comentarios :

Publicar un comentario