martes, 10 de octubre de 2023

Pluma que tes na tinta só unha bágoa

Pluma que tes na tinta só unha bágoa
esbagoada dos ollos dun ninguén
falando no papel fuxes no aquén
da morte que un mal deus no sangue frágoa.

¿Pra qué escribir un libro se é só agoa
a esbarar pola engrobia cara o alén?
Pluma que camiñando vai e ven,
cansa levas no bico a eterna mágoa.

Esgallarei a pluma coa que escribo
palabras pra ningures en riola
e deitareime a descansar nun prado.

Esgallarei a pluma de cautivo
e escoitarei o namorar da rola
esquecido da tinta e namorado.

Antón Tovar: A nada destemida (1991)

Versións:

Anxo Rei: Pluma que tes; A rabela da pluma; 2006; Pista 2

No hay comentarios :

Publicar un comentario