Na volta do regueiro,
sobre unhas fentas,
revoan que dá xenio
tres volvoretas.
Unha branca, outra azul
e outra amarela,
compañeiras e amigas
son todas elas.
Poisque esas cores deullas
a Natureza,
é natural que vivan
sin diferencias.
Sin xenreiras nin penchas
e sin fachenda
comparten os peniscos
das verdes fentas.
Tal viven e conviven
as volvoretas,
xuntas brancas e azúes
e as amarelas.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Tres bolboretas; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 4
Manoele de Felisa e Luis Emilio Batallán: Tres bolboretas; Cantos de lembranza; 2014; Pista 3
María do ceo: Tres bolboretas; Cancións para nenas e nenos; 2017; Pista 8
No hay comentarios :
Publicar un comentario