viernes, 11 de abril de 2025

Un santo

Tanto que camiñéi, camiñéi tanto
que me afoguéi no tempo e fun suicida.
Tanto que camiñéi, perdín a vida
i estóu tocando xa meu camposanto.

En verdá i en mentira me levanto…
En longa soedá, fonda ferida
fuxíu a miña vida desvivida
e son pola door cáseque un santo.

Un santo. Anque o Esprito cinza sexa,
anque sexa unha nube en que medite.
Santo dun camposanto sin eirexa.

Anque de Deus a terra esté valeira,
anque brasfeme, ás veces, e me irrite.
Santo da nada escura, anque non queira.

Antón Tovar: O vento no teu colo (1974)

Versións:

Anxo Rei: Tanto que camiñei; A rabela da pluma; 2006; Pista 1

No hay comentarios :

Publicar un comentario