miércoles, 4 de noviembre de 2026

Contra a morte o amor que vai comigo

XIV
(Contra a morte o amor que vai comigo)


Dos días que reserva para min o destino
cada unha das súas noites por vivir
sería a derradeira
a única esencial
se puidese vivirte a ti tamén
trasnoitado sobre o teu corpo en calma
cohabitando os teus soños
sobrevivido á miña inexistencia
soñado nas túas noites
ou prorrogado en ti.

                                                              xullo, 95

Lois Pereiro: Luz e sombras de amor resucitado. Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995)* (1995)

Versións:

Alexandro González e Uxía Senlle: Contra a morte o amor que vai comigo; Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro; 2011; Pista 1



*[Lois Pereiro: Poesía completa; Edición de Ana Acuña; Edicións Xerais de Galicia, S.A.; Vigo, 2011; Depósito Legal: VG 86-2011; ISBN: 978-84-9914-2005]

No hay comentarios :

Publicar un comentario