(Muiñeira sen música da toponimia valdeorresa)
Volten a Valdeorras os nomes xenuínos:
Non máis «Correjanes» nin «Vega Molinos»;
sin Veiga Muíños e máis Correxais,
pois xa os «castrapismos» están por demais.
Arriba Penouta e abaixo «Penota»,
que é nome en «castrapo» e rima con «jota»;
afora «Jaoaza», nome cacofónico,
adiante Xaguaza, enxebre i eufónico.
Non trocar por feles os galaicos meles,
pronunciando «El Barco», «La Puebla» e «Bajeles»
e «Vega de Cabo», «Villoria», «Otarielo»
e «Puerto Morisco» e «Repuricielo»
e ata, Deus me salve, nomeando a Fiais
en «supercastrapo», decíndolle «Hilais».
Hai xentes capaces (é cousa de rir)
de, ao pobo de Córgomo, «Kuérgamo» decir;
hai xentes capaces (cousa é pra chorar)
de, ás mesmas Gralleiras, «Grajeras» chamar,
e, da Rodeleira, facer «Ruedelera»,
(víchedes vosoutros cousa máis pavera?).
Que Deus lles perdoe a feble cultura
aos que esmendrellaron a nomenclatura,
traducindo os belos nomes de Valdeorras
ao feio «Castrapo», da linguaxe as borras,
xerigonza, xiria, xermanía impura
que é do castelán, a caricatura…!
Xentes valdeorresas, voltade á eufonía
dos nomes antergos, baril fidalguía:
Que na nosa fala, de fina enxebreza,
de lene dozura, de egrexia nobreza,
do noso Valdeorras, benquerido lar,
os pobos e vilas volvamos a nomear.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán: Cantarenas (Poemas 1934-1980) (1981)
Versións:
Anxo Rei: Cantar dos topónimos; Fronteira de cegoñas; 2003; Pista 11
Mostrando entradas con la etiqueta Cantarenas Poemas (1934-1980). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cantarenas Poemas (1934-1980). Mostrar todas las entradas
lunes, 14 de agosto de 2023
miércoles, 1 de enero de 2014
Ahí ven o maio
Ahí ven o Maio pola porta do xardín,
ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).
Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos).
Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.
Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán).
Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!
Alí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botois de amerodos;
monteira frorida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
pieites de silveiras
pieitanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán: Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981)
Versións:
Anxo Rei: Ahí ven o maio; Fronteira de cegoñas; 2004; Pista 5
ahí ven o maio de enterrar ao pai Abril,
(O Maio garrido cansiño de chorar,
enxoitou o seu pranto con panos de luar).
Ahí ven o Maio pola porta da campía
ahí ven o maio, galán da cotovía,
(O Maio garrido tiña un cambai brunedo,
o sol espafarrapóullo côs seus dourados dedos).
Ahí ven o Maio pola porta da debesa,
ahí ven o Maio côs seus brincos de cireixas.
(O Maio garrido anda a bebelos ventos
pola terra, rapaza de doces arrecendos).
Ahí ven o Maio pola porta do soutelo,
ahí ven o Maio có seu colete amarelo.
(O Maio garrido, nos intres de vagar,
có mestre rouxinol adeprende a cantar.
Ahí ven o Maio pola porta do valado,
ahí ven o Maio cô seu traxiño branco.
(O Maio garrido, para saudar o vran,
pon luvas de etiqueta con frores de S. Xoán).
Ahí ven o Maio. ¡Ábrelle as portas, moza,
que trai, por gorentarte, caraveles e rosas!
Alí ven o Maio,
Maíño, Maiolo;
na verde camisa
botois de amerodos;
monteira frorida,
a roupa das festas;
e un caraveliño
por riba da orella;
pieites de silveiras
pieitanlle o cabelo,
anda a namorare
coma un mozo cedo.
Florencio Manuel Delgado Gurriarán: Cantarenas. Poemas (1934-1980) (1981)
Versións:
Anxo Rei: Ahí ven o maio; Fronteira de cegoñas; 2004; Pista 5
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)
