Barrendo coa basoiriña,
xogando a facer limpeza,
¡era a nena plata fina!
Lavándose a camisiña,
xogando a ser lavandeira,
¡era a nena plata fina!
Remendando a súa roupiña,
xogando a ser costureira,
¡era a nena plata fina!
Cociñando o seu xantar,
xogando a ser cociñeira,
¡era a nena plata fina!
Xogando coa súa boneca,
facendo de mamaciña,
era a nena pura plata
¡era a nena plata fina!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Plata fina; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD1, Pista 6
Mostrando entradas con la etiqueta Oriolos neneiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oriolos neneiros. Mostrar todas las entradas
viernes, 26 de octubre de 2018
martes, 21 de agosto de 2018
Picariño
Picariño que ó moucho
non lle tés medo,
non enredes de noite
deitate cedo.
Non andes axexando
por entre as sombras,
que na rúa hai marmulos,
ditos e cousas…
E o sapo, as margaridas,
a iauga, a frouma,
son os longos pantasmas
que a noite póboan.
E contan os máis vellos
que a cotovía,
rolda por os toxales
até que é día.
Pura Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Picariño; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD1, Pista 2
non lle tés medo,
non enredes de noite
deitate cedo.
Non andes axexando
por entre as sombras,
que na rúa hai marmulos,
ditos e cousas…
E o sapo, as margaridas,
a iauga, a frouma,
son os longos pantasmas
que a noite póboan.
E contan os máis vellos
que a cotovía,
rolda por os toxales
até que é día.
Pura Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Picariño; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD1, Pista 2
jueves, 7 de septiembre de 2017
Anduriñas veñen
Anduriñas veñen,
anduriñas van...
Fan os seus niñiños,
logo criarán.
Paxariños novos
pronto voarán
co seu chío chío,
co seu chío cha...
¡Déixate, meu neno,
déixate arrolar,
que as anduriñas
logo chegarán!
Faránche a... rru... rru...
faránche a... a... a...
¡Cancións por o vento
elas cantarán!
Anduriñas veñen,
anduriñas van...
¡Déixate, meu neno!
¡Déixate arrolar!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Anduriñas veñen; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 5
anduriñas van...
Fan os seus niñiños,
logo criarán.
Paxariños novos
pronto voarán
co seu chío chío,
co seu chío cha...
¡Déixate, meu neno,
déixate arrolar,
que as anduriñas
logo chegarán!
Faránche a... rru... rru...
faránche a... a... a...
¡Cancións por o vento
elas cantarán!
Anduriñas veñen,
anduriñas van...
¡Déixate, meu neno!
¡Déixate arrolar!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Anduriñas veñen; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 5
martes, 29 de agosto de 2017
A xogar, gueivotas
As gueivotas nadan
polo mar azul;
as gueivotas voan
por a area crara...
¡Lévame, gueivota
da prumiña branca!
¡Lévame na rolda
contigo nas áas!
Emborcallarémonos
os dous por a area,
faremos buracos
con auga salada...
¡Lévame, gueivota,
a da pruma branca!
¡Lévame, gueivota,
contigo pra praia!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: A xogar gaivotas; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 2
polo mar azul;
as gueivotas voan
por a area crara...
¡Lévame, gueivota
da prumiña branca!
¡Lévame na rolda
contigo nas áas!
Emborcallarémonos
os dous por a area,
faremos buracos
con auga salada...
¡Lévame, gueivota,
a da pruma branca!
¡Lévame, gueivota,
contigo pra praia!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: A xogar gaivotas; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 2
sábado, 29 de julio de 2017
¡A rodiña... roda!
Volvoreta,… ¡voa!...
¡Voa, volvoreta!...
Volvoreta, ¡vente
conmigo pra serra!
Alí hai tomelo,
tamén herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...
Verás aos pastores
gardar nas ovellas,
e ouvirás na ermida
cantar a novena.
Volvoreta;… ¡voa!...
¡Voa, volvoreta!...
Que o sol pola cume
xa doura na serra.
Frorece o tomelo,
tamén a herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: A rodiña roda; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 7
¡Voa, volvoreta!...
Volvoreta, ¡vente
conmigo pra serra!
Alí hai tomelo,
tamén herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...
Verás aos pastores
gardar nas ovellas,
e ouvirás na ermida
cantar a novena.
Volvoreta;… ¡voa!...
¡Voa, volvoreta!...
Que o sol pola cume
xa doura na serra.
Frorece o tomelo,
tamén a herbaboa,
e alí xogaremos
¡á rodiña, roda!...
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: A rodiña roda; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 7
jueves, 27 de julio de 2017
O baile da Cenicenta
Bailái, paxariños,
dos ventos ao son,
que estrenóu a lúa
un grande farol.
Que garden as fadas
carrozas de sol,
porque a Cenicenta
ao baile chegóu…
A carroza era de ouro,
o vestido de fror,
e o seu cocheiriño
era un rato "rabón".
¡Chorái, paxariños,
dos ventos ao son!...
¡Pobre Cenicenta!
¡Sin zapato quedóu!
Gardóuno o seu principe
porque lle gustóu…
¡Bailái, paxariños!
¡Con ela casóu!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: O baile da cenicenta; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 9
dos ventos ao son,
que estrenóu a lúa
un grande farol.
Que garden as fadas
carrozas de sol,
porque a Cenicenta
ao baile chegóu…
A carroza era de ouro,
o vestido de fror,
e o seu cocheiriño
era un rato "rabón".
¡Chorái, paxariños,
dos ventos ao son!...
¡Pobre Cenicenta!
¡Sin zapato quedóu!
Gardóuno o seu principe
porque lle gustóu…
¡Bailái, paxariños!
¡Con ela casóu!
Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: O baile da cenicenta; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD2, Pista 9
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)
