viernes, 26 de octubre de 2018

Plata fina

Barrendo coa basoiriña,
xogando a facer limpeza,
¡era a nena plata fina!

Lavándose a camisiña,
xogando a ser lavandeira,
¡era a nena plata fina!

Remendando a súa roupiña,
xogando a ser costureira,
¡era a nena plata fina!

Cociñando o seu xantar,
xogando a ser cociñeira,
¡era a nena plata fina!

Xogando coa súa boneca,
facendo de mamaciña,
era a nena pura plata
¡era a nena plata fina!

Dora Vázquez: Oriolos neneiros (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: Plata fina; Rapazas, rapaces e rapazadas; 1997; CD1, Pista 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario