Ollade o lume que escoa
dese moimento de terra.
Ollade os longos traballos.
Ollade as longas tarefas.
Ollade os longos solpores
que agonían nas restrebas.
Ollade o canto da morte.
Ollade a muller labrega.
Nin ten as mans coma pombas
nin belida a cabeleira.
Ten os ollos sen olladas,
e a cara é mapa de xeiras.
Leva no peito a esperanza
durísima das colleitas
que lle pon lume no sangue
e a fai moi vella, moi vella.
É tan vella coma o mundo
e moza como unha herba.
Darío Xohán Cabana: Romanceiro da Terra Chá (1970) (1973)
Versións:
Xosé Manuel Conde: Muller labrega; Bule, berra, chora; 1976; Cara B, Corte 5
A Quenlla: Muller labrega; Máis alá da néboa; 1990; Cara B, Corte 2
A Quenlla: Muller labrega; As nosas cancións; 1997; Pista 7
(Reedición da versión do disco Máis alá da néboa, do ano 1990.)
Mostrando entradas con la etiqueta Romanceiro da Terra Chá. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Romanceiro da Terra Chá. Mostrar todas las entradas
viernes, 30 de diciembre de 2016
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)


