Mostrando entradas con la etiqueta Terra Cha. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terra Cha. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de junio de 2023

Dimensiós

Ollada a Terra Cha dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:

Uxía Senlle: Terra Cha*; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 1



*[O recitativo de Uxía Senlle inclúese na versión musical da mesma intérprete do poema Terra Cha, da obra de Manuel María, Terra Cha, do ano 1954.]

viernes, 2 de junio de 2023

Terra Cha

A Terra Cha somentes é:
un pobo aquí, outro acolá
mil árbores, monte raso
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:

Milladoiro: Soedá; Unha estrela por guía; 2006; Pista 2




Uxía Senlle: Terra Cha*; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 1



*[A versión musical de Uxía Senlle inclue o recitado do poema Dimensiós, da obra de Manuel María: Terra Cha, do ano 1954.]

domingo, 30 de julio de 2017

O carro

Non canta na Cha ninguén.
Por eso o meu carro canta.
Canta o seu eixo tan ben
que a señardade me espanta.

Non hai carro tan fermoso:
fino como un asubío.
Anque é, ás vegadas saudoso,
faise, no ar, rechouchío.

O meu carro é cerna dura:
sábese carballo e freixo.
¡Que fermosa a súa xeitura!
¡Que lixeireza a do eixo!

As cousas vanse aledando
por onde o meu carro pasa.
¡Carrétame herba pra o gando!
¡Traime a colleita pra casa!

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:
Fuxan os Ventos: O carro; O tequeletequele; 1977; Cara 1, Corte 2



Fuxan os Ventos: O carro; Chegaremos; 1980; Cara B, Corte 5

(Reedición da versión do disco O tequeletequele, do ano 1977.)



Fuxan os Ventos: O carro; Cantigas dun pobo; 1983; Cara 1, Corte 5

(Reedición da versión do disco O tequeletequele, do ano 1977.)



Fuxan os Ventos: O carro; Terra de soños; 2009; Pista 12




Uxía Senlle: O carro; Andando a terra. Uxía canta a Manuel María; 2013; Pista 3

martes, 2 de diciembre de 2014

Cantiga para andar pola Terra Cha

Cruzarei o Fabilus, o Lea, Moares e Martiñán
por entremedias dos agros acugulados de pan.
                Soio unha estrela por guía.

Cruzarei o Anllo, o Landra, o Azúmara e o Miño
pra ver correr as súas ondas despaciño, despaciño.
                Soio unha estrela por guía.

Hei de mercar en Vilalba, algún día de feirón,
un par de capós cebados e queixos de San Simón.
                Soio unha estrela por guía.

¡Hei de ir a Santa Sabel e ó San Ramón de Vilalba
e ruarei ó meu xeito do anoitecer deica a alba!
                Soio unha estrela por guía.

Irei as feiras de Rábade, a do Monte e a Moimenta
pra ver si merco soños que agora non teñen venta.
                Soio unha estrela por guía.

Castelos de Caldaloba, de Vilalba e de Sobrada:
¡as vosas pedras tan vellas xa non se lembran de nada!
                Soio unha estrela por guía.

Co meu anceio calado, pequeniño e silandeiro
achegareime a Loentia pra deprender a zoqueiro.
                Soio unha estrela por guía.

Hei ir de Castro a Abadín e de Begonte a Cospeito
pra ver como os labregos teñen que partir o peito.
                Soio unha estrela por guía.

Irei de Outeiro a Vilalba e de Pol deica Xoibán
pra mirar como os labregos teñen que suar o pan.
                Soio unha estrela por guía.

Heime chegar deica Bonxe para ver o barro cocer
dende o abrente do día ós pechos do anoitecer.
                Soio unha estrela por guía.

Achegareime a Sistallo e a Cospeito preguntar
polas lendas da Lagoa que acaban de desecar…
                Soio unha estrela por guía.

Hei andar a Terra Cha sen esquecer un rincón
¡ouh terra da miña alma, lume do meu corazón!
                Non quero máis compañía
                Soio unha estrela por guía.

Manuel María: Terra Cha (1954)

Versións:
Milladoiro: Unha estrela por guía; Unha estrela por guía; 2006; Pista 4