sábado, 9 de junio de 2018

Lembro aquelas tardes

I

Lembro aquelas tardes
de outono
as follas mortas
rúas enchoupadas de swing
e o recendo
trala choiva.

Lembro as bucinas
sincopadas
a intermitencia das sereas
cortando o aire.
E nós, enfeitizados por un ritmo subterráneo
sen rumbo pola cidade insomne
construíndo memorias
enchéndonos de luces.

O teu recordo volve a min
sereno
coma un blues na noite.

Celia Parra: No berce das mareas (2009)

Versións:
A banda da loba: Coma un blues*; Bailando as rúas; 2017; Pista 2



*[A versión musical de A banda da loba está composta por éste e máis polos poemas Chegades recendendo a canela e Tan só me pregunto; todos eles da obra de Celia Parra: No berce das mareas, do ano 2009.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario