sábado, 16 de junio de 2018

Chegades recendendo a canela

XI

Chegades recendendo a canela.
Os ollos, cristais de sal,
reflectían preguntas
            incendiarias.

Non soubeches respondelas.

Só un sabor acedo,
un lume que medraba por dentro
            e a derradeira bágoa
que estalou no chan
e secou a flor.

Celia Parra: No berce das mareas (2009)

Versións:
A banda da loba: Coma un blues*; Bailando as rúas; 2017; Pista 2



*[A versión musical de A banda da loba está composta por éste e máis polos poemas Lembro aquelas tardes e Tan só me pregunto; todos eles da obra de Celia Parra: No berce das mareas, do ano 2009.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario