Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro: O soño sulagado (1955)
Versións:
Suso Vaamonde: Eu en ti; Celso E. Ferreiro na voz de Suso Vaamonde; 1980; Cara B, Corte 1
A Quenlla: Eu en ti; Mais alá da néboa; 1990; Pista 2
A Quenlla: Eu en ti; As nosas cancións; 1997; Pista 2
(Reedición da versión do disco Máis alá da néboa, do ano 1990)
Mugardos: Eu en ti; É aí; 2000; Pista 7
Mutenrohi: Eu en tí; … e van dez; 2005; Pista 13
Cristina Pato e Mutenrohi: Eu en ti; Misturados; 2007; Pista 6
Uxía Senlle: Eu en ti; Eterno navegar; 2008; Pista 10
Mero* e Xiana: Eu en ti; O meu primeiro Celso Emilio; Edicións Xerais de Galicia, Libro-CD; 2012; Pista 2
*[Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero).]
viernes, 23 de mayo de 2014
Eu en ti
Etiquetas:
A Quenlla
,
Celso Emilio Ferreiro
,
Cristina Pato
,
Mero
,
Mugardos
,
Mutenrohi
,
O soño sulagado
,
Suso Vaamonde
,
Uxía Senlle
,
Xiana
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario