domingo, 25 de mayo de 2014

Eu teño un compadre

Eu teño un compadre
que é botafumeiro,
catador campante
dos viños eternos.
Cando nos atopamos
no Alén-taberneiro,
man a man botamos
chiquitas de ceo,
canadas de ensonos,
moios de pretérito…
E polo infinido
no noso arrandeo
ceibámo-los fumes
da Vida e do Tempo!

                1931

Fermín Bouza Brey: Nao senlleira (1933)

Versións:

A Roda: Eu teño un compadre; Eu teño un compadre; 1992; Pista 5

No hay comentarios :

Publicar un comentario