Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos,
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e máis a fala.
¡Si buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Manuel María: Os soños na gaiola (1968)
Versións:
Suso Vaamonde: Galicia; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Lado A, Corte 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario