martes, 30 de septiembre de 2014

Coma un río

Coma un río quixera eu ser: cantar
con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bagoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, o abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outos montes
que lles cobre a ferez e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é pra nós a música do mundo,
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡outro home veu ó mundo!

E eu coma o fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…

Xosé María Díaz Castro: Nimbos (1961)

Versións:

2naFronteira: Coma un río; Zapatiños para Díaz Castro; 2014; Pista 12

No hay comentarios :

Publicar un comentario