“Quíxente tanto, meniña, tívenche tan grande amor que para min eras lúa, branca aurora e craro sol; auga limpa en fresca fonte, rosa do xardín de Dios, alentiño do meu peito, vida do meu corazón”. Así che falín un día caminiño de San Lois, todo oprimido de angustia, todo ardente de pasión, |
|||
mentras que ti me escoitabas depinicando unha frol |
|||
porque eu non vise os teus ollos que refrexaban traiciós. |
|||
Dempois que sí me dixeches, en proba de teu amor, décheme un caraveliño que gardín no corazón. ¡Negro caravel maldito, que me firéu de dolor! Mais, a pasar polo río, ¡o caravel afondóu…! Tan bo camiño ti leves como o caravel levóu. |
Rosalía de Castro: Cantares Gallegos (1863)
Versións:
Rosa Cedrón e Cristina Pato: Negro caravel; Soas Muller; 2010; Pista 1
Roi Casal e Silvia Ferre: Rosa*; Donos do noso destino; 2014; Pista 1
Tempo catro sexteto: Quíxente tanto, meniña; Os ollos que falan; 2014; Pista 7
*[A versión musical de Roi Casal está precedida polo poema Nasín cando as prantas nasen da obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, do ano 1863.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario