Cabaliño novo,
cabalo pedrés,
que gallopas ledo
polo terraplén,
acouga un istante,
deixa de correr,
ven a miña veira
que te quero ver.
Ven, cabalo amigo,
trouleante, ven;
quero darche sopas
de broa con mel,
e arreos do trinque
sobor ti poñer
(pra que certos poldros
toleen de vez).
Axóuxeres brancos,
manta de ouropel,
atafal de seda
e o petral dun rei.
Hale! ven, acouga,
lostreguiño inxel,
aténdeme un chisco,
deixa de correr.
Qué toleirón eres
cabalo pedrés!
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Cabaliño novo; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 5
No hay comentarios :
Publicar un comentario