Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos deiquí
e os nenos dalá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sin penchas nin odios,
sin falsa irmandá.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazós abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos deiquí,
e os nenos dalá.
Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)
Versións:
Suso Vaamonde: Cantarela dos nenos; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Cara B, Corte 1
No hay comentarios :
Publicar un comentario