viernes, 5 de mayo de 2017

Na tardiña

Na tardiña morna
de ridente sol,
o vello velliño,
ledo e falador,
xúntase cos nenos
sobre o pontillón
pra contar historias
que a el lle contóu,
fai tempo de tempos,
seu lonxano abó.
Os nenos escoitan
atentes á voz
do amigo velliño,
e asegún o ton
vanse pondo serios
ou rinse a cachón
cos ditos chusqueiros
dese amigo bo.
A tardiña acaba
cando fuxe o sol
e cadaquén vaise
por onde chegóu,
mentras escurece
sobre o pontillón.

Xosé Neira Vilas: Cantarolas e contos prá xente miuda (1975)

Versións:
Suso Vaamonde: Na tardiña; Cantarolas pra xente miuda; 1986; Lado A, Corte 6

No hay comentarios :

Publicar un comentario