lunes, 1 de mayo de 2017

¡Follas novas!, risa dáme

                        V

    ¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal si a unha moura ben moura,
branca lle oíse chamar.

    Non Follas novas; ramallo
de toxos e silvas sós:
irtas, como as miñas penas;
feras, como a miña dor.

    Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
cómo non serés así!

Rosalía de Castro: I. Vaguedás. Follas Novas (1880)

Versións:

Narf: Eu direivos tan só*; Nas tardes escuras; 2013; Pista 10



*[A versión musical de Narf está precedida polo recitativo da segunda estrofa do poema Diredes destes versos, i é verdade, da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario