| Asi, | |||
| asi cantaba ela. Polo meu corazón pasa tan fugitivo o seu cantar, que a lembranza non o pode apreixar. |
|||
| Asi cantaba ela, | |||
| co aquela voz que era monllo de flores mollado na água morna da tristeza. |
|||
| ¿Qué cabelos, qué van, qué beizos tiña? É do esquezo. Somente a sua voz morta fica |
|||
| no cadaleito do meu peito, acesa. | |||
| Perderon-se-me os ollos, e o cabelo, e o van. | |||
| Ficou-me só a sua voz, | |||
| o eco da sua voz, | |||
| sen verba, sen contido. O seu cantar ¿qué cantar era? |
|||
| Polo meu corazón pasa como unha maina bris de outono remexendo coas asas a arboreda. |
|||
| Como canta esa bris, | |||
| asi cantaba ela, | |||
| asi era a sua voz. | |||
| Aquela voz que era feixe de estrelas | |||
| esparegidas polo ceu da dor. | |||
Ricardo Carballo Calero: O silenzo axionllado (1934)
Versións:
Su Garrido Pombo: Saudade dumha voz; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 22
Panic Light: Saudade dumha voz; Musicando Carvalho Calero* (VVAA); 2020; Pista 37
*[Concurso musical organizado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua) en colaboración coa CRTVG e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, para conmemorar o ano das Letras Galegas 2020, adicado a Ricardo Carballo Calero.]

No hay comentarios :
Publicar un comentario