miércoles, 26 de julio de 2023

Hai unha póla rota no arboredo

Hai una póla rota no arboredo
que cai no chao como sinal escura,
oubea un can ó lonxe na espesura
da noite en soedá e eu teño medo.

O medo vai e ven, vai en segredo
e o corazón apértao con pavura.
O medo é una rara queimadura
que me tallou a risa xa ben cedo.

Fun concebido en medo, nil fun nado
e ó medo estou por sempre condenado.
Medo do aquén, do alén, medo de todo.


Un verme son de medo e inmóvil fuxo,
fuxo do medo ruín e nunca podo
ceibar na noite escura un aturuxo.

Antón Tovar: A nada destemida (1991)

Versións:

Anxo Rei: O medo vai e ven; A rabela da pluma; 2006; Pista 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario