sábado, 15 de julio de 2023

Fixen un maio

Ouvín un paxaro
chiar nun regueiro,
que andaba na iauga
afiando o punteiro.

Olléi á tardiña
unha lúa grande
que viña de lonxe
prós montes de Ousande.

Andaban os ríos
falando baixiño
e cantarolaban
no son do muiño.

E chegada a noite
na cerdeira en frol
a lúa cantaba
como un rousiñol.

Era a primaveira,
decatéime máis,
que se vai e morre
e nunca se vai.

Collín polos montes
bugallos e xestas
e fixen un maio
pra brincar nas festas.

Antón Tovar: Arredores (1962)

Versións:

Anxo Rei: Ouvín un paxaro; A rabela da pluma; 2006; Pista 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario