—Teño tres pitas brancas
e un galo negro
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro;
i hei de xunta-los cartos
para un mantelo;
i heino de levar posto
no casamento;
i hei… —Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentas non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
co galo negro,
para poñelos ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡vamos bebendo!
Rosalía de Castro: Follas novas (1880)
Versións:
Amancio Prada: Vamos bebendo; Rosalía de Castro; 1975; Pista 6
María Manuela: Imos bebendo; Cantigas para nenos e neneiros; 1979; Cara A, Corte 2
Amancio Prada e Martirio: Vamos bebendo; Rosas a Rosalía; 1997; Pista 9
Amancio Prada e Uxía Senlle: Vamos bebendo; Rosalía siempre; 2005; Pista 6
Amancio Prada: Vamos bebendo; Resonancias de Rosalía; 2014; Pista 9
O val das mouras: Vamos bebendo; Rosalía; 2015; Pista 10






No hay comentarios :
Publicar un comentario