Caín tan baixo, tan baixo,
que a luz onda min non vai;
perdín de vista as estrelas
e vivo na escuridá.
Mais, agarda... ¡o que te riches
insensibre ó meu afán!
Inda estou vivo... inda podo
subir para me vingar.
Tirá pedras ó caído,
tiraille anque sea un cento;
tirá... que, cando caiades,
hanvos de face-lo mesmo.
Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)
Versións:
Bernardo Xosé: Paz*; Eu soñei; 1987; Cara A, Corte 4
Narf: Ti onte, mañán eu; Nas tardes escuras; 2013; Pista 8
*[A versión musical de Bernardo Xosé está precedida polos poemas Xa nin rencor nin desprezo, e Paz, paz deseada, ámbolos dous da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880.]
domingo, 25 de octubre de 2026
Ti onte, mañán eu
Etiquetas:
Bernardo Xosé
,
Follas Novas
,
Narf
,
Rosalía de Castro
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)


No hay comentarios :
Publicar un comentario