sábado, 10 de octubre de 2026

Xa nin rencor nin desprezo

                    XIII

          Xa nin rencor nin desprezo,
xa nin temor de mudanzas;
tan só unha sede?, unha sede
dun non sei qué, que me mata.
Ríos da vida, ¿ónde estades?
¡Aire!, que o aire me falta.

          —¿Qué ves nese fondo escuro?
¿Qué ves que tembras e calas?
—¡Non vexo! Miro, cal mira
un cego a luz do sol crara.
E vou caer alí en donde
nunca o que cai se levanta.

Rosalía de Castro: Follas Novas (1880)

Versións:

Bernardo Xosé: Paz*; Eu soñei; 1987; Cara A, Corte 4



*[A versión musical de Bernardo Xosé está seguida do poema Paz, paz deseada, e pola derradeira estrofa do poema Ti onte, mañán eu, ámbolos dous da obra de Rosalía de Castro: Follas Novas, do ano 1880.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario