jueves, 12 de diciembre de 2013

A Rosalía

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.

E vina tan soia
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Curros Enríquez: Epicenio de Curros Enríquez a Rosalía de Castro (1885)* (1891)

Versións:
Abel: Rosalía; Gregorio/Abel Philips 6029118 single; 1972; Cara B



Luis Emilio Batallán: A Rosalía; Ahí ven o maio; 1975; Pista 8



Xoán Rubia: A Rosalía; Lembranzas; 1977; Pista 2



Aurora López e Teresa Luján: A Rosalía de Castro; Saloucos. 15 poetas da terra nai; 1999; Pista 3



Astarot: A tola; Longa noite de pedra; 2005; Pista9



María do Ceo: A Rosalía; No bico un cantar; 2010; Pista 4



Uxía Senlle: A Rosalía (no bico un cantar); Rosalía pequeniña; 2013; Pista 6



2naFronteira: Rosalía; Alma; 2013; Pista 4



*[Apareceu publicado por vez primeira en La Patria Gallega, nun número extraordinario que saíu o 30 de maio de 1891, con motivo do traslado dos restos mortais de Rosalía, dende o camposanto de Adina (Padrón) ata o de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela). Posteriormente foi recollido no vol.II das Obras Completas de Curros Enríquez, editado en Madrid en 1910.
Segundo noticia do primoxénito do poeta, Adelardo Curros, a composición, producto dun momento de exaltación a raíz da morte da poetisa, foi lida polo propio Curros no sepelio ó que acudiu, en Padrón; segundo testemuño do médico de Rosalía, e tamén poeta, don Manuel Carballido. Conforme esta información. podemos datar o poema o 15 ou 16 de xullo de 1885. {A. Vilanova Rodríguez, Vida y obra de Manuel Curros Enríquez, Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1953, pp. 304 e 348}.]

No hay comentarios :

Publicar un comentario