jueves, 30 de enero de 2014

Falade gallego

Miniñas da Cruña,
d' amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade gallego.

Cand’ é que vos ouzo,
a patria esquecendo,
falar esas duras
palabras de ferro,
non sei o que sufro,
non sei o que peno:
falade, miniñas,
falade gallego.

Mas cando falades
nos patrios acentos,
envoltos no voso
angélico alento,
parece que escuito
un canto do ceo:
falade, miniñas,
falade gallego.

Eduardo Pondal: Poesías inéditas* (1935)

Versións:
Xoán Rubia: Falade galego; Xoán Rubia Philips 60 29 266 (single); 1974; Cara B



Juan Pardo: A fala e Falade galego**; Galicia, miña nai dos dous mares; 1976; Cara A, Corte 1



María Manuela: Falade galego; Idioma meu; 1977; Cara B, Corte 2



Cristina Fernández: Falade galego; Falade galego**; 1983; Cara A, Crote 1



*[Real Academia Galega: Poesías inéditas de Eduardo Pondal; Queixumes dos pinos (2ª edición); A Coruña; 1935]
**[As versións musicais de Juan Pardo e Cristina Fernández están precedidas polo poema A Fala, recollido nas Poesías inéditas de Eduardo Pondal, na 2ª edición de Queixumes dos pinos da Real Academia Galega do ano 1935]

No hay comentarios :

Publicar un comentario