jueves, 16 de enero de 2014

A boneca

A neniña está cosendo
un fermoso delantal.
¡Dá puntadas e puntadas
nun farrapo de percal!

A neniña está cosendo,
a neniña está bordando:
¡en cada puntada súa
un soño vai apreixando!

A boneca é unha espiga
de maíz, con pelo loiro.
¡A boneca hai que vestila
que non pode andar en coiro!

A neniña é moi probiña.
¡Cose, cose no retal:
á boneca hai que poñerlle
un fermoso delantal…!

¡A boneca é moi fermosa,
máis fermosa non a hai!
¡A boneca fai de filla
i a neniña fai de nai…!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: A boneca; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Cara B, Corte 5



María Manuela: A boneca de millo; Cantigas para nenos e neneiros; 1979; Cara A, Corte 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario