domingo, 5 de enero de 2014

¡Ai!...

¿Como foi?... -eu topábame fora
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
         i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos
revolveu cara a min os seus ollos.
Non me viu... e chorou..., ¡ai! xa os tiña
         ceguiños de todo.

Non me acordo qué tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
         sin vida nos brazos...-

Bolboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
         qué foi do meu neno.

Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)

Versións:
Joaquín Deus: Como foi; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 4



Meiga do Norte: ¡Ai!; Once máis 15; 2008; Pista 1



María do Ceo: Ai; No bico un cantar; 2010; Pista 1

No hay comentarios :

Publicar un comentario