A fouce brila e rebrila
cando está ben afiada.
A súa brancura escintila
como se fose de prata.
Corta silvas, corta herbas,
sega o trigo e o centeo.
¡A súa feitura recorda
a lúa que está no ceo!
—Neno. ¡Non toques a fouce!
¡non toques a súa folla fría!
—¡Non toques a fouce, neno,
que a fouce te cortaría…!
Manuel María: Os soños na gaiola (1968)
Versións:
Suso Vaamonde: A fouce; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Corte 2
No hay comentarios :
Publicar un comentario