viernes, 31 de enero de 2014

A roda-roda

Están en corro as neniñas
formando unha roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda:

—Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
cunhas alas de latón.


Están no corro as neniñas,
roda que te rodarás.
¡Están no corro as neniñas
cantando o mesmo compás!:

—Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
e nadando un avión.


A tarde xa vai caendo.
As nenas xa se cansaron.
¡As súas voces algareiras
como os paxaros voaron!

Manuel María: Os soños na gaiola (1968)

Versións:
Suso Vaamonde: A roda-roda; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Lado B, Corte 6



María Manuela: Roda-roda; Cantigas para nenos e neneiros; 1979; Cara B,Corte 4

No hay comentarios :

Publicar un comentario