Eu vinte decote acobadada
naquela fenestra
—tan a trasmán!
que penduraches dunha constelación
O horizonte arrincaba cada día
pra ti
a folla de almanaque dunha vela
Pero nunca se enmalou
na falsa rede dos mapas celestes
a tua loira virxinidade
Cómplice a noite
engaiolaba o sestante dos mariños
inxénuas perversións catalogadas
Viuva reiterada de tódolos vinte anos
que os mariñeiros repiten
cada volta que afogan
Endexamáis souberon os cadavres sin rumbo
que ti os amortallabas co teu ollar
Emproáramos a meia noite
A sotavento da nosa singladura
vai decote unha nube desarbolada
Ca sua esponxa de sombra
borrou pra sempre o teu mudo perfil
A alba nova sorprendeume
cacheando antre os loceiros
unha despedida que se me perdeu.
Manoel Antonio: De catro a catro (1928)
Versións:
César Morán: A estrela descoñecida; Río de son e vento; 1999; Pista 2
No hay comentarios :
Publicar un comentario