ollos para ollar nos séculos vindeiros
as pombas dos homes nas roseiras
que fixeron terra e povo nos loureiros
quero mapoulear nos peixes lenes
para ficar canso nas cores esvaídas
procurando as seivas máxicas dos devanceiros
que alumeen a tua face lourida e lentecida
quero desde a póla murcha dunha árvore
ao son das cítaras dos gnomos acendidos
oubear ronseis tépedos nas festas
sen que as dálias azul-sexo dos lírios
destruan a nosa morte compartida
e me deixen a min cavaleiro dorido
nas espidas praias da vida
náufrago da morte de non morrer contigo
Lino Braxe: Banquete* (1990)
Versións:

*[O poema foi publicado por vez primeira na antoloxía De amor e desamor, I, polo colectivo poético do mesmo nome, en A Coruña, o ano 1984]
No hay comentarios :
Publicar un comentario