Ergue, meu neniño;
ergue, lacazán;
que as campás xa tocan
con ledo din-dan.
—¡Ledas campaíñas
xa tocando están
que chegou a ialba
chamando á mañán!
—Tocan as campás
i andan a falar
cousas moi fermosas
por todo o lugar.
—¡Falan as campás
con voz de metal:
o seu canto voa
dende o monte ó val!
—¡Érguete, meu neno,
porque o campaneiro
deixa de tocar
si eres perguiceiro!
—As ledas campás
xa non tocarán,
¡si eres perguiceiro,
si eres nugallán!
Manuel María: Os soños na gaiola (1968)
Versións:
Suso Vaamonde: Campás; Os soños na gaiola; 1978; Disco 1, Lado A, Corte 3
María Manuela: Ergue meu neniño; Cantigas para nenos e neneiros; 1979; Cara A, Corte 5
Roi Casal: Din Dan; Lendas douradas; 2008; Pista 6
No hay comentarios :
Publicar un comentario