delicadeza xentil, unha canción,
a virginal tempestade da paixón,
o dereito á diñidade e á entereiza.
Pídolle, amiga, que a frol do corazón
se peche sempre ao odio e a vileza
e que se abra ao amor, á sinxeleza,
ao latexar sinceiro da emoción.
Cando sinta chegar o meu remate
agardarei, sereamente, o propio fin
recebendo a lanzada que me mate.
Pois, co decorrer dos anos, aprendín
como podo vencer neste combate:
¡amando á vida e que ela me ame a mín!
Manuel María: As lúcidas lúas do outono (1988)
Versións:

No hay comentarios :
Publicar un comentario