Ten a serena o canto, i a serpe o alento; o lago ten a onda, Dios ten o inferno. |
||||||
Ti tes dabondo co que tes escondido neses teus ollos. |
||||||
O trono dos monarcas, do sabio os trunfos, a groria do poeta, o ouro do mundo: dera eso todo por solo unha mirada deses teus ollos. |
||||||
Buscan os pitorreises para faguer niño, a herba santa que nace beira dos ríos. Eu busco solo unha mirada meiga deses teus ollos. |
||||||
Cando se pon a lúa tras dos penedos, choran as estreliñas todas do ceo. Tamén eu choro cando non me alumean eses teus ollos. |
Curros Enríquez: Aires da miña terra (1880)
Versións:
Joaquín Deus: Os teus ollos; Morriñas da miña terra; 1960; Lado 2, Corte 2
Amancio Prada: Cando se pon a lúa*; Caravel de caraveles; 1976; Pista 9
Luar na Lubre: Os teus ollos; Plenilunio; 1997; Pista 5
Real Coro Gallego Toxos e Froles: Os teus ollos; 85 Aniversario (1915-2000); 2000; Pista 1
Carmendolores: Os teus ollos; Oceánica; 2001; Pista 3
Luar na Lubre: Os teus ollos; Chove en Santiago y otros éxitos; 2002; Pista 2
(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)
Luar na Lubre: Os teus ollos; Discografía básica seleccionada; 2002; CD1, Pista 5
(Reedición da versión do disco Plenilunio, do ano 1997.)
Rosa Cedrón e Cristina Pato: Os teus ollos; Soas Muller; 2010; Pista 12
María do Ceo: Os teus ollos; No bico un cantar; 2010; Pista 2
Uxía Senlle e Lenine: Os teus ollos; Meu canto; 2011; Pista 3
Uxía Senlle e Narf: Os teus ollos; Baladas da Galicia imaxinaria; 2015; Pista 8
*[A versión musical de Amancio Prada componse da derradeira estrofa deste poema seguida dunha cantiga tradicional galega: Dicen que chove, que chove, / que trona, que chove, / deixa-lo chover. / O mérito é ter muller / que sexa bonita / e sepa querer. / Sinto ruxir, ruxir, / o vendaval / quen puidera fuxir d'eiquí / con este temporal.]
No hay comentarios :
Publicar un comentario