Onde a palabra é doce
e o sorriso campea;
ese país de xente
sensitiva e festeira
onde todo é alegría
como na primavera.
É onde teño amores
Teño unha moza e quéroa.
Teño un amor en cuba,
nesa linda terra,
unha muller bonita,
alegre e sandunguera
que me da o seu cariño
e o meu é todo para ela;
nesa amada illa
solidaria e fraterna.
E tanto nos queremos
que a nosa vida é plena.
Teño un amor cubano
unha muller tan tenra
que agarima e conforta
a miña pel galega.
Que o mundo é moi pequeño
e a mar estreita
se un corazón que ama
rumbo a Cuba navega.
Xosé Neira Vilas: Son galego, son cubano (2015)
Versións:
Roi Casal: Amor cubano; Son galego, son cubano; 2017; Pista 2
No hay comentarios :
Publicar un comentario