martes, 20 de noviembre de 2018

Berros de loita

                        O poeta da raza, R. Cabanillas.

                        I

Alá ben cara os eidos baixando
a xauría de lobos famentos.
Alá ven, cal enchente que arrasa
as colleitas nos meses de inverno.

Non se contan. E avantan en ringla
cara a aldea choutando lixeiros,
aprestados côs cans a loitare
e facer na facenda estragueiro.

¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos,
e â loita aprestaivos
con paus e fungueiros!

                        II

¡Ahí os ven! ¡Son os lobos! Nos ollos
trán da nosa ruíña o refrexo.
¡Como alampan na noite!... Miraios
a preada cheirando nos ventos.

Se deteñen. Parece que antr’eles
deliberan e toman consello.
S’esparexen; e a aldea rodean
pra asaltal-a millor d’ese xeito.

¡Pillade as forcadas!
soltade, lixeiros,
os cans, e apurrádeos.
¡A loita, labregos!

                        III

¡Cómo os cans a seus donos defenden!
¡Cómo a xente choutou xa do leito!
¡Cómo loitan os homes con fouces!
¡Cómo axúntanlle pedras os nenos!

¡Xa recúan!... ¡Avante, mociños!
¡Ouh petrucios, mulleres e nenos,
sempre avante! ¡O vindeiro que atope
roxo o campo de lobos cuberto!

¡Upade, mociños;
petrucios, ergueivos!
¡Que o sol do porvir alumee
ô probe labrego xa ceibo!...

Xosé Manuel Cabada Vázquez: Vagalumes (1931)

Versións:
Benedicto: Berros de loita; Pola unión; 1977; Cara B, Corte 3

No hay comentarios :

Publicar un comentario