Polos teus ollos quen pasou, amiga,
deixóu unha ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Deixóu de amore perdida unha ollada
polos teus ollos quen pasóu, amada.
Nos ollos teus.
Cinza levás nos ollos, amiga,
daquela ollada de amore perdida.
Nos ollos teus.
Borrallo nos ollos levás, amada,
que non miraches a quen te ollaba.
Nos ollos teus.
Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama riveira (1933)
Versións:
Rodrigo Romaní: Nos ollos teus; Albeida; 2000; Pista 6
Sete Saias: Polos teus ollos; Sete Saias; 2007; Pista 8
Miguel Alonso: Nos ollos teus; Once máis 15; 2009; Pista 2
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario